Amosando publicacións coa etiqueta ANO DE LEGUMES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANO DE LEGUMES. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de maio de 2016

DORAYAKIS

O pastelito favorito de Doraemon, está feito de xudías, un tipo especial de xudía moi utilizada na cociña xaponesa denominada AZUKI. Aqui vos deixo un enlace coa receita para que probedes unha alternativa as pastas de chocolate.

venres, 20 de maio de 2016

XEOALIMÉNTATE

O alumnado de 3ºESO, levou a cabo un interesantísimo proxecto nas clase de Matemáticas e na de Bioloxía, traballando coa xeometría e con diferentes tipos de alimentos. Cada alumno/a diseñou unha figura xeométrica elaborada cos alimentos que considerase máis adecuados xunto a un informe sobre a figura xeométrica escollida e o valor nutricional dos alimentos. A continuación podedes ver unha presentación onde se recollen, non so os traballos en sí, senón tamén o proceso de elaboración e a posterior exposición no instituto.

As voltas cos legumes

mércores, 2 de marzo de 2016

Os cultivos leguminosos como as lentellas, as fabas, os chícharos e os garavanzos son un elemento fundamental da canastra de alimentos. Os legumes son unha fonte esencial de proteínas e aminoácidos de orixe vexetal para a poboación de todo o mundo, e débense consumir como parte dunha dieta saudable para combater a obesidade e previr e axudar a controlar enfermidades como a diabetes, as afeccións coronarias e o cancro; tamén son unha importante fonte de proteína de orixe vexetal para os animais.