BLOG de Hábitos Saudables. O principal obxectivo do Proxecto SalSa e adquirir hábitos de alimentación saudables e estimular a práctica de actividades físicas regulares entre a comunidade educativa do IES Salvaterra de Miño cara a previr a aparición de obesidade e outras enfermidades.
mércores, 2 de marzo de 2016
Os cultivos leguminosos como as lentellas, as fabas, os chícharos e os garavanzos son un elemento fundamental da canastra de alimentos. Os legumes son unha fonte esencial de proteínas e aminoácidos de orixe vexetal para a poboación de todo o mundo, e débense consumir como parte dunha dieta saudable para combater a obesidade e previr e axudar a controlar enfermidades como a diabetes, as afeccións coronarias e o cancro; tamén son unha importante fonte de proteína de orixe vexetal para os animais.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario!!